Antílopez trae ao Vagalume o seu chiripop absurdo depresivo


25/01/2015
20.00hs
Entrada anticipada: 8 euros
Entrada en taquilla: 10 euros

Félix López e Miguel A. Márquez son dous artistas andaluces emprendedores e valentes, que decidiron facer algo totalmente diferente coa súa carreira musical creando WWW.ANTILOPEZ.TV, unha canle de TV á carta en internet onde o público pode gozar da súa música, vídeos, actuacións, entrevistas e programas propios. Foron gañadores de numerosos premios como o XX Certame da Canción de Autor, Concurso Pop Rock “Novos na Onda”, Jack Daniel´s Backstage, Rábida Rock 2012, Circuíto Café Teatro San Miguel de Valencia… e así con esta mestura perfecta de música e vodevil, esta estraña parella vai enchendo todas as salas onde actúan por toda a xeografía española conquistando as míticas Galileo Galilei ou Luz de Gas entre outras.

Este novo disco: “Por desamor al arte”, é un proxecto de enorme calidade e visión internacional gravado, mesturado e masterizado entre Londres, Sevilla, Madrid, Los Ángeles e Milán polo xenial Diego Guerrero.


+info: http://www.antilopez.tv/

Federico Pérez no Vagalume


19/10/2014
19.00hs
Entrada anticipada: 8 euros
Entrada en taquilla: 10 euros

O actor e cómico Federico Pérez, popular polo seu papel de Moncho na serie Era Visto da TVG, actuará no Vagalume de Salvaterra de Minho o próximodomingo 19 de outubro ás sete da tarde. Xa podes reservar a tua entrada!